Xentilicios
Moi ligados ós topónimos están os xentilicios, que son adxectivos que indican a procedencia xeográfica de alguén.Ex.: Galicia --> galego, galega.
Na seguinte ligazón, poderás comprobar que se trata de palabras derivadas, nas que se empregan variedade de sufixos; tamén poderás practicar cos xentilicios autóctonos e foráneos nos mapas interactivos. Imos pois: Cotovía
Se queres continuar con máis actividades de reforzo sobre xentilicios, podes acceder ás seguintes páxinas:
Escribe o xentilicio dos seguintes topónimos galegos (masculino e feminino)
Escribe o xentilicio dos seguintes topónimos foráneos (masculino e feminino).
Sinala os xentilicios correspondentes
E para ampliar información, bótalle un ollo a esta entrevista a Henrique Costas, publicada en Sermos Galiza (18 de abril de 2016):
E mais a esta noticia:
A Universidade de Vigo defende os xentilicios como amesán, pinés, melidao, roisiño ou santiseiro (A Voz de Galicia, 17-05-2016).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0