Toponimia e paisaxe
Co fin de facilitar o desenvolvemento do traballo, dividiremos a clasificación semántica que acabamos de propoñer en dous grandes grupos: toponimia e paisaxe e toponimia e poboación
Toponimia e paisaxe: incluímos aquí todos aqueles topónimos que teñen que ver co mundo natural en xeral, son polo tanto topónimos relacionados co medio físico. Farán parte xa que logo deste apartado os FITOTOPÓNIMOS, OS HIDROTOPÓNIMOS, OS OROTOPÓNIMOS, OS LITOTOPÓNIMOS E OS ZOOTOPÓNIMOS
Algúns accidentes xeográficos
ACTIVIDADES
Cando cheguemos ó final desta unidade didáctica, deberemos ter elaborado un documento con vocabulario. Dito documento constará dos termos que se irán dando, acompañados do seu significado, que nalgúns casos será proporcionado polo contido deste ODE, mentres que noutros haberá que empregar o dicionario (ben sexa o tradicional, ben o Dicionario da RAG ó que se pode acceder por Internet).
Así que podemos ir anotando os primeiros termos, que aparecen na presentación anterior, e que pertencen ó campo semántico da orografía (convén anotar isto tamén):
Cordilleira - Meseta - Val - Chaira
Tanto nesta ocasión coma nas sucesivas, poderás acompañar estes vocábulos de imaxes. Se é preciso, podes enviarme por correo electrónico as imaxes que selecciones para imprimir.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0