Saltar navegación

Tipos de topónimos

Existen varias clasificacións dos topónimos, pero nós imos manexar neste traballo aquela que os clasifica atendendo ao seu significado, é dicir unha clasificación semántica. Segundo esta, os topónimos poden ser:

     -FITOTOPÓNIMOS: fan referencia ás árbores, matogueiras, plantas...

     -ZOOTOPÓNIMOS: fan referencia aos animais.

     -HIDROTOPÓNIMOS: teñen na súa base o concepto de auga e refírense polo tanto a fontes, mananciais, ríos, lagos...

     -OROTOPÓNIMOS: teñen que ver coa orografía ou disposición do terreo (altos, depresións, zonas chás...).

     -LITOTOPÓNIMOS: aluden a todo aquilo que ten que ver coa pedra (pedras de distintas formas e tamaños, grupos de pedras...).

     -AGROTOPÓNIMOS: están relacionadas co mundo agrícola e coas actividades que se desenvolven nel.

     -ECOTOPÓNIMOS: fan referencia ás construcións artificiais (grupos de casas, igrexas...) ou naturais (por exemplo: feitas por animais).

     -ODOTOPÓNIMOS: relacionados coas vías de comunicación (vías, camiños, corredoiras...).

     -HAXIOTOPÓNIMOS: baseados nos nomes de santos e santas.

     -ANTROTOPÓNIMOS: relacionados con nomes de persoa.

Aínda que non será ata máis adiante cando tratemos a formación de palabras, nos termos que constitúen esta clasificación é evidente o uso de prefixos. Incluso o propio termo "topónimo" está formado por dous elementos gregos: "topos" (lugar) e "ónoma" (nome). Reflexionemos, entón, sobre isto coas seguintes actividades:

1. Actividade de encher espazos

Escribe o prefixo correspondente a cada significado:

: santo

: monte

: ser humano

: pedra

: casa

: auga

: camiño

: vexetación

: campo

: animal

Habilitar JavaScript

2. Procura no dicionario palabras formadas con cada un destes prefixos, anota tres de cada e mailos seus significados.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0