Santiago e Vila (García)
Se hai un haxiotopónimo moi coñecido, este sen dúbida é Santiago de Compostela, nome da capital de Galicia. Ata alí chega o Camiño de Santiago, vía de peregrinación que se abriu na Idade Media e pola que entraron múltiples influencias culturais europeas ata Galicia.
ACTIVIDADE
Fai unha pequena investigación para averiguar de onde procede o termo "Santiago" e que outros nomes derivan do mesmo étimo latino.
.
.
|
Cando definimos os antrotopónimos dixemos que en ocasións os topónimos gardaban relación ou tiñan a súa orixe nos apelidos dalgunha persoa. Sen dúbida un dos exemplos máis coñecidos é o de Vilagarcía de Arousa. Mira cal é a historia deste topónimo e quen era este tal García.
ACTIVIDADE
Despois de ver o vídeo ó que nos leva o enlace anterior, explica polo miúdo a orixe dos topónimos que inclúen o termo "vila".
|
|
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0