Saltar navegación

Que é un topónimo?

Denominamos topónimo a un NOME DE LUGAR  que designa un ámbito espacial individualizable e que por tanto nos axuda a localizalo nunha paisaxe ou mapa.   Os nomes de lugar poden designar entidades de poboación, por exemplo cidades, vilas, aldeas ... e falariamos entón de toponimia maior;  ou ben poden designar o nome doutros lugares coma leiras, muíños, covas... e nese caso fálase de microtopónimos.

Como veremos a continuación, existen varios tipos de topónimos; pero o que todos teñen en común é que constitúen un patrimonio lingüístico e cultural de moita importancia para un país, ao tempo que recollen a historia e forman parte da memoria colectiva dun pobo.
.
E hai algúns ben curiosos, como se demostra nesta noticia do telexornal:
.

ACTIVIDADES

Despois de ver e escoitar esta noticia, responde as seguintes preguntas:

1. Cantos topónimos hai, aproximadamente, en Galicia?

2. Cal é a orixe dos topónimos formados co castelanismo "ánxeles"?

3. Que acontece co topónimo "Mérida"?

4. Que actitude tomaron, fronte ós seus respectivos topónimos, os habitantes de Vilapene e de Cabróns?

5. Que quere dicir a xornalista cando fala dos prexuízos dos falantes?

6. Que feito concreto deu lugar a esta noticia?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0