Saltar navegación

Poza da Moura (Galicia encantada)


Os lagos e as lagoas están moi presentes na toponimia galega como exemplos de augas estancadas, ao igual ca outras formas de menor dimensión coma pozos e pozas. Precisamente relacionados con estes últimos temos en Galicia un feixe de lendas, como a da Poza da Moura, en Domaio (Moaña, Pontevedra)

Os mananciais e as nacentes de auga teñen igualmente presenza moi importante. especialmente as fontes e todos os seus derivados, coma neste caso do concello de Baiona. De todos os mananciais que hai en Galicia, quizais un dos máis coñecidos é o Pedregal de Irimia, lugar onde nace o Río Miño. Está na serra de Meira, preto da vila. O lugar de nacemento do Miño é disputado por dous concellos: Meira defende o nacemento no Pedregal, e A Pastoriza, na lagoa de Fonmiñá. Nos últimos anos, vense considerando o Pedregal de Irimia como a fonte primaria do Miño.

 

 

 

ACTIVIDADES

A) No documento de vocabulario, tiñas xa un par de parellas con significado diferente segundo fosen termos masculinos ou femininos; engade agora a diferenza entre "pozo" e "poza".

B) Se pousamos o rato por riba de "Poza da moura" (no primeiro texto), veremos que nos leva á páxina web "Galicia encantada". Imos aproveitar para mergullarnos un pouco nela e tratar de averiguar algunhas cousas:

1. Que tipo de contidos se recollen nesta páxina web?

2. Se atopas a sección "Didáctica da fantasía", poderás chegar a un documento onde se explique a diferenza entre conto e lenda. Anota as características de cada subxénero nun cadro comparativo.

3. Na sección "categorías" hai un apartado relacionado coa auga e outro cos topónimos; neles, atoparás lendas en torno a ambos elementos. Deberás escoller tres lendas de cada un dos apartados e preparalas para contárllelas, oralmente, ó resto dos compañeiros/as. Elaboraremos unha ficha para avaliar, entre todos/as, estas intervencións orais.

4. Como podedes comprobar na páxina web, admítense colaboracións; así que preguntade nas vosas casas se coñecen algunha lenda para que poidamos envialas. Lembrade anotar, nunha pequena ficha, os datos da persoa informante (nome e apelidos, idade, lugar de nacemento, profesión, estudos, localización xeográfica...). A lenda podedes transcribila ou, mellor, gravala.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0