Saltar navegación

Para sabermos máis...

 

É posible que, vendo a foto que che traemos, poidas pensar que nese sitio houbo algún lume nunha casa ou no monte. Pero o certo é que os topónimos que levan algún "queimado" na súa composición, como o da foto, é posible que se aplicase unha vella técnica de cultivo, sabes cal?

Os cereais tiveron e teñen amplo cultivo en terras galegas. Por iso non é estraño que teñamos agrotopónimos "especializados" en designar terreos dedicados ao cultivo de cereais. A palabra galega que designa isto é seara ou senra. Sabes que labor se realizaba despois de ceifar os cereais?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0