Os haxiotopónimos e os antrotopónimos
Denomínanse haxiotopónimos os lugares que levan o nome de santos e santas. Pola súa parte, os antrotopónimos son topónimos que están baseados nos nomes ou apelidos dos seres humanos, nos oficios que poden desempeñar, ou ben na súa denominación xeral ou cualidades. Especialmente frecuentes son os antrotopónimos rematados en -ar, -il, -ín, , -i que soen indicar a posesión ou dominación sobre determinado territorio.
Outros haxiotopónimos e antrotopónimos
Dixemos que ás veces aparecen denominacións ou cualidades xerais, como aquí DONAS, no concello de Gondomar (Pontevedra).
Outra característica ou condición é a de cabaleiro, que aquí aparece no concello de Lobeira (Ourense).
Un caso de nome rematado en -ar: BELESAR, que procedería dun VILLA BELESARIUS, é dicir lugar ou territorio que posuía un tal Belesario. Belesar está en Baiona (Pontevedra).
Do mesmo estilo é GONDAR, que falaría dos terreos ou dominios de Gondaro, nome de orixe xermánica. Esta parroquia é de Sanxenxo (Pontevedra).
En ocasións o adxectivo santo, santa aparece soldado ao nome do mesmo, como en SANAMEDIO, no concello de Bueu (Pontevedra).
Outro exemplo de como aparecen xuntos o adxectivo e o nome do santo é SANROMÁN (Nigrán, Pontevedra).
Tamén aparecen con moita frecuencia desglosados o adxectivo (San) e o nome correspondente, como en SAN CLEMENTE (Cuntis, Pontevedra).
Fíxate, neste indicador hai dous haxiotopónimos do concello da Estrada (Pontevedra). Se o nome do santo comeza por vogal, poñemos SANTO, se comeza por consoante, utilizamos SAN.
Os nomes propios tamén poden aparecer usados como topónimos. Un dos máis utilizados é Magdalena (coas variantes MADANELA e MADALENA). Aquí tes un exemplo de Porto do Son (A Coruña).
Neste indicador colectivo, coouse un TELLEIRO (Noia, A Coruña), un dos oficios tradicionais que hoxe en día se perderon: o que fabrica tellas.
Outro oficio común na antigüidade era o de oleiro, é dicir, o que moldea as olas para cociñar. Este OLEIROS está en Ribeira (A Coruña).
E xa para rematar o capítulo dos oficios, fíxate neste lugar do concello de Lobios (Ourense): ZAPATEIROS, o que arranxa os zapatos.
Ás veces aparece a denominación xenérica, como neste topónimo de Sanxenxo (Pontevedra).
E tamén existe a versión feminina do xenérico: SANTIÑA, no concello de Portas (Pontevedra).
Aínda que os nomes de santas son menos frecuentes cós de santos, temos algún ben fermoso coma este SANTA SABIÑA do concello de Santa Comba (A Coruña).
SAN FACUNDO, nome pouco frecuente, está en Cea (Ourense).
E para o final deixamos un haxiotopónimo máis difícil de identificar e porén moi común: SEOANE, que procede de Sancti Iohannis (San Xoán). Este SEOANE está no Carballiño (Ourense).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0