Saltar navegación

Os fitotopónimos

Os fitotopónimos fan referencia, tal e como se explicou, aos nomes de lugar que aluden a plantas, árbores, matogueiras....Son moi comúns en Galicia e tanto se presentan coa denominación individual da árbore, planta ou matogueira, como coa denominación que fai referencia ao colectivo destes, é dicir, que designa a abundancia desta vexetación nun sitio. Aquí van algúns exemplos:

Imaxes comentadas e outros fitotopónimos

ACTIVIDADES

1. Para continuar coa elaboración do documento de vocabulario, anota todos os termos que aparecen nos sinais anteriores e mailo seu significado (nalgúns casos, deberás consultar o dicionario). Lembra o dito anteriormente sobre a incorporación de imaxes.

2. Fíxate o que aparece no Dicionario da RAG cando buscamos "camariña":

Á vista desta información, responde as seguintes preguntas:

1. Cantas acepcións ten o primeiro "camariña"? E o segundo?

2. Podemos empregar o sinónimo "caramiña" para referirnos ó "cuarto pequeno destinado a durmir, situado preto da cociña"? Por que?

3. Cal é o étimo latino do que procede "caramiña"? Sucede isto nos termos das dúas entradas?

4. A polisemia e a homonimia son fenómenos semánticos que consisten en que unha mesma forma (aparentemente) posúe varios significados. Pero teñen características diferentes:

Polisemia                                                                                            Homonimia
Unha soa entrada no dicionario                                             Varias entradas no dicionario
Procede dun único étimo latino                                              Os termos proceden de étimos latinos diferentes
Os significados gardan relación entre si                              Os significados no gardan relación entre si

Entón, cal é o caso de "camariña"? Xustifica a resposta.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0