Saltar navegación

Orella pendella

Os animais máis comúns ou característicos da fauna galega aparecen tamén representados na nosa toponimia. Entre eles destacaremos as aves, como neste coñecido concello da provincia da Coruña, que fai honor a unha ave zancuda, protagonista ademais dunha moi coñecida cantiga popular: "Pico, pico, mazarico" 

ACTIVIDADES

1. Seguro que xa coñeces a páxina web de “Orella pendella” á que nos leva a ligazón “Pico, pico, mazarico”, así que, a pouco que navegues por ela, poderás responder as seguintes cuestións:

a)     Cal é o propósito da páxina?

b)     Que fórmulas ofrece para comezar e rematar historias? Anota tres de cada tipo.

c)     Vai á categoría de animais e anota aqueles nomes de animais que descoñezas, así como o seu significado.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0