Saltar navegación

Criterios, contidos, estándares

Criterios de avaliación

B1.1. Comprender e interpretar a intención comunicativa, o tema, as ideas principais e os datos relevantes de diferentes textos orais dos medios de comunicación (crónicas, reportaxes e documentais) e elaborar esquemas e resumos.

B1.2. Extraer a intención comunicativa, o tema, as ideas principais e os datos relevantes de diferentes textos orais dos ámbitos social e educativo.

B2.1. Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para resolver problemas de comprensión.

B2.3. Comprender e interpretar, en formato papel ou dixital, textos propios dos medios de comunicación (noticias).

B2.4. Comprender e interpretar en formato papel ou dixital, textos propios da vida educativa, especialmente, os instrutivos e expositivos: webs educativas, dicionarios, glosarios e enciclopedias.

B2.7. Ler en voz alta co dicción, entoación e ritmo adecuados á situación comunicativa e á súa función.

B2.12. Producir e sintetizar, en formato papel ou dixital, textos de distinta tipoloxía, fundamentalmente, narracións e descricións.

B3.1. Recoñecer, explicar e usar léxico amplo e preciso coa presenza da fraseoloxía e vocabulario traballado na aula.

B3.3. Usar eficazmente os dicionarios ou calquera outra fonte de consulta, en papel ou en soporte electrónico, para resolver dúbidas e para progresar na aprendizaxe autónoma.

B3.7. Recoñecer a estrutura de substantivos e verbos e da súa caracterización morfolóxica para mellorar a comprensión e produción textuais

B3.8. Recoñecer e usar os nexos textuais de espazo, oposición e contraste, así como os mecanismos gramaticais e léxicos de cohesión interna.

B4.2. Describir e analizar a situación sociolingüística de Galicia atendendo á presenza da lingua galega no contorno.

Contidos

B1.1. Comprensión, interpretación e resumo de novas de actualidade e de informacións de crónicas, reportaxes e documentais procedentes dos medios de comunicación audiovisual.

B1.2. Comprensión, interpretación e valoración de textos orais utilizados no ámbito social e educativo.

B2.1. Coñecemento e uso de técnicas de análise do contido e de estratexias de lectura comprensiva: esquemas, resumos, etc.

B2.3. Comprensión e interpretación, en formato papel e dixital, de textos propios dos medios de comunicación (noticias).

B2.4. Comprensión e interpretación, en formato

papel ou dixital, de textos propios da vida educativa, especialmente, os instrutivos e expositivos: webs educativas, dicionarios, glosarios e enciclopedias.

B2.7. Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo adecuados á situación comunicativa e á súa función, con posibilidade de usar recursos audiovisuais para o rexistro de voz.

B2.12. Produción e síntese, en formato papel ou dixital, de textos de distinta tipoloxía, fundamentalmente, narrativos e descritivos.

B3.1. Recoñecemento, explicación e uso de léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de fraseoloxía e de vocabulario temático a partir de campos léxicos traballados na aula.

B3.3. Uso eficaz dos dicionarios e doutras fontes de consulta en calquera soporte, especialmente sobre flexión, relación semántica e normativa.

B3.7. Recoñecemento da estrutura de substantivos e verbos e da súa caracterización morfolóxica para a mellora da comprensión e produción textuais.

B3.8. Recoñecemento, uso e explicación dos nexos e conectores textuais (espaciais, de oposición e contraste) e dos principais mecanismos de referencia interna, tanto gramaticais como léxicos.

B4.4. Situación sociolingüística do galego.

Estándares de aprendizaxe

LGB1.1.1. Comprende o sentido global e identifica a intención comunicativa de textos orais de carácter informativo propios dos medios de comunicación audiovisual (reportaxes, crónicas e documentais).

LGB1.1.2. Traslada a información relevante de discursos orais dos medios de comunicación audiovisual a esquemas ou resumos.

LGB1.2.1. Recoñece, xunto ao propósito e a idea xeral, os feitos e datos relevantes en textos orais do ámbito social e educativo.

LGB2.1.1. Analiza e sintetiza o contido dun texto en resumos e esquemas que estruturan visualmente as ideas.

LGB2.1.3. Identifica a idea principal e as secundarias e comprende a relación existente entre elas.

LGB2.1.5. Compila información para comprender e ampliar o coñecemento das mensaxes: busca bibliografía; consulta libros, revistas, xornais; utiliza recursos audiovisuais e buscadores de internet.

LGB2.3.1. Comprende e interpreta textos propios dos medios de comunicación (noticias).

LGB2.3.2. Localiza a información destacada de textos propios dos medios de comunicación: portadas e titulares.

LGB2.4.1. Comprende e interpreta textos propios da vida educativa, especialmente, os instrutivos e expositivos: webs educativas, dicionarios, glosarios e enciclopedias.

LGB2.7.1. Le en voz alta con dicción, entoación e ritmo adecuados (interpreta os signos de puntuación) á situación comunicativa e á función da mensaxe.

LGB2.12.1. Produce, en formato papel ou dixital, escritos de distinta tipoloxía a partir dun modelo, fundamentalmente, narrativos e descritivos

LGB3.1.1. Utiliza un vocabulario amplo e preciso para expresarse con claridade nun rexistro axeitado á situación comunicativa.

LGB3.3.1. Obtén, de xeito autónomo, información lingüística de todo tipo en dicionarios, en diferentes soportes, e noutras obras de consulta.

LGB3.7.1. Coñece e utiliza adecuadamente substantivos e formas verbais na comprensión e produción de textos orais e escritos.

LGB3.8.1. Identifica e usa distintos tipos de conectores de espazo, oposición, contraste, así como os mecanismos gramaticais e léxicos de referencia interna que lle proporcionan cohesión a un texto.

LGB4.2.2. Coñece e valora os topónimos galegos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0