Liñares e Castiñeiras
|
ACTIVIDADE Na reportaxe sobre o liño (enlace anterior), explícase o proceso de obtención de fío e tea de liño. O que debes facer é transformar esa reportaxe nun texto instrutivo onde se expliquen, ordenadamente, os pasos do proceso. Deberás empregar tamén o dicionario para comprobar a ortografía dos termos especializados que se empregan. Velaquí as principais características dos textos instrutivos: - Formato especial. Utilízanse marcas gráficas como números, asteriscos ou guións para diferenciar ou secuenciar a serie de pasos.- Establecemento de pasos que deben cumprirse para conseguir un resultado. Debe ter unha orde rigorosa que determine a secuencia en que se realizan as accións. Esta orde pódese establecer con conectores de orde e temporais: en 1º lugar, deseguido…- Uso do infinitivo, do imperativo ou das formas impersoais (“Acender o ordenador”, “Enchúfase o euroconector…”); aínda que tamén se emprega o presente (“Atravesamos a rúa e seguimos…”) e o futuro (“Tomaremos unha cápsula cada oito horas”).- Acompañamento de imaxes para reforzar ou clasificar os pasos que se deben seguir.. . |
ACTIVIDADE
Unha das posibles clasificacións dos textos descritivos é a que toma como criterio a súa finalidade; deste xeito, as descricións poden dividirse en:
a) Literarias: O autor/a transmite a súa maneira persoal de ver as cousas mediante un punto de vista subxectivo, e ademais utiliza abundantes recursos literarios. A función poética é, pois, moi relevante neste tipo de descricións, pois procúrase a beleza da mensaxe.
b) Científicas ou técnicas: as características do elemento que se quere describir exprésanse de maneira obxectiva e coa maior exactitude posible. Predomina, pois, a función representativa (referencial, informativa) da linguaxe, posto que o que se pretende é a transmisión efectiva da mensaxe.
Tendo isto en conta, que tipo de descrición (do castiñeiro) aparece na ligazón anterior? Xustifica a resposta.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0