Saltar navegación

Exemplos

A pesar de todo o dito, ás veces podémonos atopar en distintos lugares (nos indicadores, nos cartaces anunciadores...) con modificacións da toponimia oficial  que se poden deber a distintas causas:

- a presión do castelán, que provoca intolerables deturpacións toponímicas por mor da castelanización dalgún dos nosos topónimos

- a aparición de dialectalismos ou trazos propios dalgunha área dialectal concreta que non están recollidos na toponimia oficial e que polo tanto supoñen unha alteración da mesma.

-alteracións ortográficas que provocan que non se escriban correctamente as formas dos topónimos. Especialmente destacable neste caso é a vacilación b/v, como veremos nalgún destes exemplos. Pasa co rato por riba de cada unha das fotos para comprobar como serían as formas correctas dos topónimos que aparecen deturpados ou alterados:

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0