Saltar navegación

Deturpación toponímica

Como dixemos ao comezo deste traballo, a toponimia constitúe unha riqueza e un patrimonio inmaterial de todo un pobo que hai que manter e preservar por canto que nos conecta coa nosa historia, a nosa xeografía física e económica, a nosa fauna e flora... Dende este punto de vista forma parte da nosa  identidade e da personalidade colectiva.  

Por esta razón a toponimia galega está protexida pola lei, dende que no ano 1983  a Lei de Normalización Lingüística  fixaba como únicas formas válidas dos nosos topónimos as galegas.  Nesa mesma lei, a Xunta de Galicia asumía a responsabilidade de fixar os nomes oficiais dos topónimos galegos, cousa que fixo en sucesivos decretos, un por provincia, a partir do ano 1996. 

Ademais disto, pon a dispor de todos e todas,  a través da internet,  varias páxinas onde se poden consultar estes topónimos oficiais. En concreto podes entrar na páxina do Nomenclátor de Galicia ou ben na páxina da Toponimia de Galicia  para facer as consultas que queiras. Nesta última poderás  achar tamén microtopónimos (nomes de terras de labor, arboredas...).

.

.

ACTIVIDADES

Busca no Nomenclátor (lista ou catálogo de nomes, en especial os das vilas ou cidades dun país) e:

a) Anota as parroquias do concello de Baralla.

b) Comproba se algún dos topónimos que designan algún "lugar" de Baralla, aparece tamén noutra provincia e/ou concello.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0