Saltar navegación

De lobos

Do mesmo xeito, tamén os mamíferos fan acto de presenza en moitas ocasións. Algúns da fauna doméstica coma cabras, porcos, cabalos...e noutras moitas ocasións trátase de lobos e raposos, dous animais míticos da fauna galega que aparecen en moitas das nosas lendas. Aquí tedes Matalobos, na Estrada (Pontevedra).

ACTIVIDADE

Na seguinte ligazón poderás ver unha adaptación dun conto de Ánxel Fole: "Os lobos", do que terás que facer un resumo por escrito. Fíxate ben nos topónimos e inclúeos no teu texto.

Os lobos

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0