As fervenzas
Fervenzas
As fervenzas, cachoeiras, seimeiras, cadoiros... son accidentes xeográficos comúns en Galicia por darse as condicións para iso: terreo sinuoso e moita auga. A toponimia, como espello que é dun territorio, non permanece allea a este fenómeno e en varios dos 314 concellos de Galicia temos topónimos que reflicten esta realidade. Os máis frecuentes A Fervenza e O Cachón.
Se premes na fotografía, poderás ver un vídeo (en inglés) con fermosas imaxes de fervenzas de Galicia.
ACTIVIDADE
Continuaremos elaborando o documento de vocabulario; agora deberás anotar as acepcións da palabra "fervenza" e os sinónimos que se dan para cada significado. E ademais, que diferenza existe entre "fervenza" e "catarata"?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0