Saltar navegación

Actividades I

Reflexiona...

"Actualmente, o nome de lugar galego está a perder terreo no seu propio eido. A denominación tradicional ten que enfrontarse a unha realidade económica e social adversa: o cambio acelerado que se produce no agro, a urbanización progresiva, o abandono masivo das aldeas, o envellecemento da pobación, a substitución dos vellos modos de vida e os oficios, etc. 

Nesta época de tanta présa, a escola pode-e debe- contribuír tamén á salvagarda  dun patrimonio que reside, case exclusivamente, na memoira oral dos nosos maiores e que, coma eles, atura mal o paso do tempo"

Xulia Marqués Valea, A toponimia na escola

Cales son as causas que provocan a desaparición da toponimia tradicional segundo a autora do texto?

Estás de acordo ti con isto, ou pola contra cres que no teu concello se conserva ben?

Escolla múltiple

Pregunta

Cal destes topónimos é un orotopónimo?                  

Suxestión

Busca primeiro o que é o Sarela

Respostas

Sarela de arriba

A Peregrina

Monte da vila

Retroalimentación

Pregunta

Cal destes topónimos é un hidrotopónimo?

Suxestión

Busca no dicionario o que é unha sobreira

Respostas

Sealo

Sobreiral

Poza

Retroalimentación

Pregunta

E cal destes é un fitotopónimo?

Respostas

Agromaior

Ferraces

Folgueira

Vilanova

Retroalimentación

Á caza do orotopónimo

Pregunta

Cales destes topónimos cres que son orotopónimos?

Respostas

A Ramallosa

Outeririño

Bouza Fría

Eirapedriña

Barxa

Retroalimentación

Clasificando topónimos a través do mapa Clasificando topónimos a través do mapa

Debes buscar na seguinte imaxe dez topónimos que teñan que ver con algún dos seguintes tipos: orotopónimos/ litotopónimos; zootopónimos; fitotopónimos e hidrotopónimos. Sitúa cada un deles nun punto cardinal (norte, sur, leste, oeste)

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Sinala se as seguites afirmacións son verdadeiras ou falsas.

Pregunta 1


 Fíxate na imaxe, só o topónimo "O Piñeiro" ten relación coa vexetación.

Pregunta 2



 O topónimo "Portelos" está relacionado coa elevación dun terreo con respecto ao nivel do mar.

Pregunta 3


 "Coruxido" é un topónimo relacionado coa situación respecto á orientación da ladeira dunha  montaña.

Pregunta 4



 O topónimo "Monteferro" fai referencia a unha elevación do terreo.

A toponimia está relacionada en moitos casos coa vexetación. A que especies vexetais fan rerencia os seguintes colectivos?:

    
     

 

 NOTA: Se te pos co rato enriba de cada unha das fotos atoparás a resposta.

Actividade de encher espazos

Lea o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

Os orotopónimos informan daqueles espazos que teñen que ver coa disposición do terrestre, así lugares nos que o terreo está en pendente, ou os que teñen unha elevación con respecto ao nivel do mar están relacionados con estes tipos de topónimos. Os mostran o tipo de rochedo predominante que aparece nunha paisaxe natural. Os fitotopónimos informan do tipo de que domina nun territorio, tanto de xeito individual como colectivo. Un exemplo deste tipo de topónimos podía ser o de "Castiñeiro" e o seu colectivo  . Os hidrotopónimos van relacionados con elementos da ; topónimos como "Río", "Lago", "Lagoa", "Regueiro",... ou de lugares onde abrolla esta (caso de "Fonte"). Por último, os zootopónimos relacionan un territorio con elementos da , caso de "Leboráns", "Golpilleiras",...

Habilitar JavaScript

Investigando sobre o terreo Investigando sobre o terreo

Coa axuda da lupa, escolle aqueles topónimos que aparecen no mapa e sexan relativos a accidentes xeográficos. A continuación busca e sinala a que tipo de topónimo pertencen os seguintes nomes de lugares que aparecen na imaxe: "A Azoreira"; "A Porqueira"; "A Devesa" ; "As Ferrerías" e "San Xulián".

Actividade despregable

Soutullos é un fitotopónimo xa que indica un lugar poboado de...  
Couselo é un terreo depresivo, polo que é un...  
Monte Faro indica un lugar elevado, polo que é un ...  
Lago mostra un lugar relativo á auga estancada, polo que é un...   

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0