Le o texto da esquerda e comproba, respondendo as cuestións formuladas, se serías quen de envialo por correo electrónico. Se necesitas axuda preme aquí e mais aquí

  

Antía e os seus dous irmáns (Brais e Antón) deciden dicirlle a Laura que xa están na vila, polo que Antía lle escribe esta carta, pero ademais quere que os seus dous irmáns reciban unha copia.

Querida Laura:
Hai xa tres días que chegamos á vila; non te enfades por non ternos posto en contacto contigo á nosa chegada, pero pensamos que deberiamos dedicar un tempo a acondicionar a casa e a instalarnos, a verdade é que estivemos moi ocupados ordenando e limpando, pero agora que xa rematamos gustaríanos que viñeras facernos unha visita, así aproveitamos para ensinarche como quedou todo.

Unha aperta e ata pronto.
Antía.

PD Envíoche unhas fotos da casa.