No texto incluíronse dez barbarismos, anótaos por orde de aparición e escribe a palabra ou expresión correcta. Se queres consultar o Dicionario da RAG, Preme aquí

  
Acaba todo o exercicio antes de comprobar as respostas.
Hai uns meses, a miña avoa fixo un curso de Internet que cambiou a súa vida; de súpeto, descubriu o sinxela que podía ser a comunicación co seu fillo Xoán, que vive en Roma, o entretidas que son as redes sociais (non a dou sacado do “Facebook”) e seguiu investigando na tecnoloxía pola súa conta ata dar cos e-book; de feito, foi a primeira da familia en mercar un e-reader.

Contábame onte que lle enviara un e-mail ó meu tío Xoán para convencelo de que viñera a Galicia polo verán, dixo que ata llo puxera en negrita, maiúsculas e itálica, para que se dera por enterado! Ademais, para espertar nel a morriña, envioulle unhas fotos da familia que tiña gardadas no pen drive e púxolle uns links a páxinas web de música galega.

Polo visto, hoxe pola noite tense que conectar para chatear con el, aínda que non sei se se acordará, porque ultimamente pasa moito tempo participando en foros e non é consciente do tempo; o seu nick é “a avoa non calceta”, cousa que non me estraña, porque non ten tempo! Nestes días anda a voltas coa interpretación dos emoticonos e mais co spam, que seica non dá eliminado do correo.

En fin, está claro que se quero un xersei de la, terei que mercalo!

Barbarismos ---------------------------------------------------------- Expresións correctas

----------------------------------------------------------
-------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------
-------------------------------------------------
------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------
----------------------------------------------------
----------------------------------------------------------