Tendo en conta o rexistro empregado nestas mensaxes, escolle as fórmulas axeitadas para completalas (fíxate nos signos de puntuación): Saúdao atentamente, / Estimada colega: / Ola, Xián! / Un cordial saúdo. / Bos días: / Que tal estás? / Atentamente, / Estimado cliente: / Bicos.

  
Mensaxe 1
Creo que hoxe podo ir ata a biblioteca e sacar o libro, así que pola tarde pasarei pola túa casa para darcho.

Mensaxe 2

Póñome en contacto con vostede porque quixera saber se xa está dispoñible o libro Sempre en Galiza, de Castelao.

Carme.

Mensaxe 3

A partir do vindeiro xoves, poderá recoller o seu pedido (en horario de oficina); estará á súa disposición durante 10 días. Para calquera consulta pode dirixirse á nosa empresa polo medio que estime oportuno.

Alberte R. L.

Mensaxe 4
Sinto non poder ir verte esta semana, pero a que vén xa me tes aí. Mellórate.

Mensaxe 5

Recibín a súa invitación para participar no próximo congreso sobre o cambio climático, e compráceme confirmarlle a miña asistencia. Nos próximos días poreime en contacto con vostede para adiantarlle o tema do meu relatorio.

Uxía M. N.