Xunta cada documento coa súa denominación

“Que todas aquelas persoas que estean interesadas en participar nunha reunión informativa da Residencia da Terceira Idade San Rosendo de Baralla poden apuntarse nos Servizos Sociais do Concello de Baralla ata o día 21 DE FEBREIRO.

Esta reunión informativa ten como finalidade informar dos postos de traballo ofertados así como do posterior proceso de selección a levar a cabo.

Para máis información pódese acudir ó Concello – Servizos Sociais, ou chamar ó teléfono 982 363685.


Baralla 15 de febreiro de 2011
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


D. MANUEL J. GONZALEZ CAPON, ALCALDE-PRESIDENTE DO
CONCELLO DE BARALLA (LUGO),

FAI SABER:

“Que os pensionistas do noso Concello maiores de 65 anos ou maiores de 60 anos con condición de pensionista poden solicitar praza no PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL da Xunta para as seguintes modalidades:

- Turismo Termal: coa novidade de todo incluido ou só tratamento termal.

- Turismo de Intercambio: Portugal.

O prazo de solicitude remata o vindeiro 15 de abril.

Para máis información pódese acudir o Concello
(Asistente Social) ou chamar por teléfono: 982 36 33 03

Baralla 25 de marzo de 2009
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Pola presente convócase a Dna. Fulanita Arias Arias a unha reunión do clautro deste centro con carácter, data, hora e lugar que se detallan a continuación:

Carácter: Ordinario
Data: 30/06/2012
Hora: 17.30
Lugar: Sala de profesores

Coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Presentación da memoria final de curso.
3. Información sobre o calendario escolar do vindeiro curso.
4. Novas información chegadas ó centro.
5. Rogos e preguntas.


Vigo, 20 de xuño de 2010
A Directora
xxxxxxxx
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



Carme Rodríguez Rodríguez, presidenta da Asociación Galega de Novas Tecnoloxías
CERTIFICO:
Que Dona Rosario Pérez Pérez asistiu con regularidade ó II Congreso de Novas Tecnoloxías organizado por esta asociación.
E para que conste, por pedimento da interesada, asino este certificado.
xxxxxxxxx
Lugo, 12 de marzo de 2012.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


PARA: Henrique Ribeira Riberia
DE: Xabier López López
DATA: 12-05-2012
NÚMERO DE FAX: 982 000 000
NÚMERO DE PÁXINAS: 2
ASUNTO: Envío de documentación
MENSAXE:
Envíolle, tal como me solicitou, a documentación necesaria para ser incluído nas listas de substitucións do Concello.
Cordialmente,
xxxxxxxx
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Fulanito Rodríguez Rodríguez, con domicilio na Rúa Illa Verde, 33, 2º, en Santiago de Compostela, e con DNI 33.333.333A
EXPOÑO:
Que o pasado día 15 de novembro matriculeime nos cursos de informática organizados polo concello de Santiago de Compostela, achegando toda a documentación necesaria, pero aparezo nas listas provisionais de excluídos; por isto

SOLICITO:
Que sexa corrixido o erro e sexa incluído nas listas definitivas como alumno do citado curso.


Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2011
xxxxxxxx


SR.ALCALDE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------