O contrato de arrendamento

CONTRATO DE ARRENDAMENTO DE VIVIENDA
En Lugo, a un de decembro de dous mil once
REUNIDOS
Dunha parte, D. Brais García García, con domicilio en Baralla (Lugo), na Rúa das Flores, 3º, e con DNI nº 11.111.111X, actuando e nome propio como propietario e arrendador da vivenda obxecto do presente contrato.
Doutra parte, D. Duarte Rodríguez Rodríguez, con domicilio en Lugo, na Avenida da Coruña, nº 1, 9º, e con DNI 22.222.222X, actuando en nome propio como arrendatario.
Ambas partes teñen e recoñécense mutuamente plena capacidade para o outorgamento do presente contrato, e con tal finalidade:
EXPOÑEN
PRIMEIRO.- Que D. Brais García García é propietario da finca urbana sita en Lugo, na Rúa Boavista, nº33, 3º.
SEGUNDO.- Que interesando a D.Duarte Rodríguez Rodríguez arrendar dito inmoble, ambas partes levan a cabo o presente contrato de arrendamento de vivenda, de conformidade coas seguintes:
CLÁUSULAS
PRIMEIRA.- O presente contrato rexirase polo previsto na Lei 29/1994, de 24 de novembro, de Arrendamentos Urbanos (LAU) e polo establecido neste contrato.
SEGUNDA.- É obxecto deste arrendamento a finca urbana sita en Lugo, R/ Boavista, 33, 3º. Consta de cociña, salón, dous dormitorios, dous baños e tendedoiro. O arrendatario declara coñecer e aceptar o estado da vivenda, recibíndoa en perfecto estado de conservación.
TERCEIRA.- A finca obxecto do presente contrato destinarase unicamente a satisfacer a necesidade de vivenda do arrendatario e da súa familia, excluíndo a posibilidade de instalar nela comercio, industria, despacho profesional ou calquera outra actividade distinta ó fin para o cal se arrenda. Será causa de resolución contractual a variación deste fin.
CUARTA.- O prazo de duración deste contrato é dun ano, prorrogable por períodos anuais ata un máximo de cinco anos en total.
QUINTA.- A renda anual será de 4.800€, a pagar en prazos mensuais de 400€, por adiantado e dentro dos cinco primeiros días de cada mes.
SEXTA.- Serán de conta do arrendatario o pago das cotas á Comunidade de Propietarios e os gastos por consumo de subministros de auga, luz, gas e teléfono.
SÉTIMA.- Á firma do presente contrato, o arrendatario fai entrega ó arrendador da cantidade de 400€, importe dunha mensualidade de renda, en concepto de fianza.

Lido o presente documento por ambas partes, e estando conformes co seu contido, asínano en tódalas páxinas no lugar e data sinaladas no encabezamento.


O ARRENDADOR O ARRENDATARIO