Averigua o recurso literario.

ALGUNHAS FIGURAS LITERARIAS

Nivel fonético:
a. Aliteración: consiste na repetición de sons semellantes, vocálicos ou consonánticos, en palabras próximas.
b. Similicadencia: utilización de dúas ou máis palabras no mesmo accidente gramatical (tempo e persoa, xénero e número): De carne nacemos, en carne vivimos, na carne morremos.
c. Paronomasia: semellanza fonética de palabras que teñen un significado moi diferente: Vivir – beber.
d. Onomatopea.

Nivel morfosintáctico:
e. Asíndeto: suprímense as conxuncións para dar máis rapidez.
f. Anáfora: repetición dunha ou varias palabras ó comezo dos versos.
g. Epífora: repetición dunha ou varias palabras ó final dos versos.
h. Complexión: repetición dunha palabra ó principio e ó final dun verso.
i. Derivación: repetición de palabras que proceden dunha mesma raíz.
j. Polisíndeto: repetición de conxuncións que non son necesarias (ton solemne e lento).
k. Hipérbato: inversión da orde lóxica ou gramatical das palabras.

Nivel léxico:
l. Metonimia: tomar a parte polo todo: mil cabezas de gando.
m. Comparación.
n. Imaxe (ou metáfora impura): identificación de dous elementos, un real e outro imaxinario: Os teus dentes son perlas.
o. Metáfora: Substitución dun elemento por outro co que se relaciona por semellanza: As perlas da túa boca
p. Hipérbole: esaxeración.
q. Personificación: outorgar calidades humanas a animais ou seres inanimados.
r. Antítese: oposición de dúas ideas...