Transforma as oracións enunciativas positivas en negativas, cambiando todos os elementos necesarios

Exemplo: Queren algún día máis de vacacións: Non queren ningún día máis de vacacións.

Están buscando algún libro para ler:
Por aí pasou alguén:
Ti come e deixa comer:
Sempre vai á praia os domingos:
Mírao agora:
Helena aínda vive en Baralla:
Leva consigo todo o que ten:
Quéroo mercar hoxe:
Uxía xa chegou á casa: