Segundo os antigos mexicanos, a montaña Chicomóztoc, alzada onde o mar se partía en dúas metades, tiña sete covas nas súas entrañas. En cada cova reinaba un deus. Con terra das sete covas e sangue dos sete deuses, amasáronse os primeiros pobos nados en México. Pouco a pouco, os pobos foron brotando das bocas da montaña. Cada pobo fala, aínda, a lingua do deus que o creou. Por iso as linguas son sagradas, e son diversas as músicas do dicir. Adaptación dun texto de Eduardo Galeano, pertencente a Espejos