Completa os ocos con palabras sinónimas das da lista.

Lista de sinónimos das palabras que debes incluír

Próximo
Consagrada
Segue
Realizará
Formación

Irreprochable
Vate
da Idade Media
Relevantes
Creador
Docentes
Farase
Último
Repartirase
Diferentes
Discentes
Recordo
Sobresaliente
Impulso
Vinculada
Estancia
GALICIA HOXE. 10-05-2011
Unha vida pola lingua
O catedrático Ramón Lorenzo recibirá o 26 de xuño o Premio Trasalba co que a Fundación Otero Pedrayo recoñece “unha vida ao estudo e defensa da lingua galega”. Rosario Álvarez, actual directora do Instituto da Lingua Galega, do que Lorenzo foi cofundador e no que a traballar nos seus estudos sobre léxico e lingua medieval, pronunciará a ‘laudatio’ nunha Festa Literaria que se na Casa Grande Cimadevila en Amoeiro. O académico participou na dos primeiros textos para o ensino en galego.
Dibujo.JPG
O catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago, Ramón Lorenzo Vázquez (Eirapedriña, Ames, 1935), fíxose merecedor este ano do Premio Trasalba que a Fundación Otero Pedrayo por encarnar "a tradición do estudo e modernización da nosa lingua dende os máis altos niveis da esixencia intelectual, con proxección en universidades e centros de estudo de todo o mundo, así como unha traxectoria ética a prol do noso idioma e da nosa cultura".
Lorenzo é cofundador do Instituto da Lingua Galega (ILG) en 1971, , especialista en léxico e lingua , editor da Crónica troyana e de textos da literatura da Idade Media, e director da revista Dorna, académico da RAG, tradutor, membro do Brais Pinto e mestre de varias xeracións de e lingüistas galegos. O acto de entrega nunha Festa Literaria que a institución celebra na Casa Grande Cimadevila (Amoeiro) o domingo do mes de xuño. Rosario Álvarez, actual directora do ILG, será a encargada de pronunciar a laudatio. Ademais, entre os asistentes o Libro Homenaxe, que nesta ocasión leva por título Ramón Lorenzo. Señor das palabras, e que prepara a editorial Galaxia, con colaboración de , compañeiros, admiradores e amigos. Como entregaráselle tamén unha placa e o tradicional debuxo de Isaac Díaz Pardo, que deseña especialmente todos os anos para o homenaxeado.
Ramón Lorenzo é unha figura da moderna filoloxía galega, disciplina que a partir dos anos 70 recibe un importante na universidade compostelá, con especialistas doutras universidades do mundo. O profesor Lorenzo formouse en Madrid, a carón de Dámaso Alonso, mais tamén en Alemaña (Colonia), co profesor Joseph Piel entre outros. Durante a súa naquel país, nos anos 60, coñeceu a escritora Úrsula Heinze, coa que casou, e que tamén se incorporou activamente á literatura galega.
A súa especialidade principal é a lingua medieval. Son abondosos e moi recoñecidos os seus estudos sobre o galego dos primeiros séculos. Entre os seus traballos, salientan os estudos sobre as versións galegas da Crónica General e a Crónica de Castilla, que marcaron un fito e crearon un paradigma na edición de textos medievais, ademais da citada Crónica Troyana. Participou na elaboración dos primeiros textos para o ensino do galego, así como nos primeiros programas para o ensino da lingua no ámbito non universitario, a partir de 1979. Tamén foi membro da comisión (ILGA-RAG) encargada da tradución do Misal Romano, referencia obrigada no proceso de galeguización da liturxia.