Localiza os cuantificadores e identificadores do seguinte texto.

Se aparecen repetidos, escríbeos unha soa vez.
GALICIA HOXE
A Nosa Terra pon hoxe punto e final e espera poder retomar o proxecto no futuro

23.09.2011 "Cento catro anos despois, un novo, até logo", escribe Afonso Eiré

O semanario A Nosa Terra, que xa pechara a súa edición de papel hai un ano, puxo hoxe o seu punto final. No seu espazo web, indica que "a actual etapa de A Nosa Terra acaba. As publicacións do diario dixital rematan hoxe. A empresa desaparece; o proxecto agarda renacer no futuro".

Reproducimos aquí o texto asinado por Eiré, e titulado:

Cento catro anos despois, un novo, até logo

"Todo proxecto xornalístico ten unha empresa detrás. Os problemas económicos obrigan a liquidar Promocións Culturais Galegas S.A.
O esforzo denodado e o apoio de moitos, o alento dun gran número de galegos (moitos deles desde a emigración), chocaron non só contra a realidade económica da crise senón tamén contra a transformación que están a vivir o conxunto dos medios de comunicación.

Como xa catro veces antes, ao longo dos seus centro catro anos de vida, a desaparición da empresa non ten por que supor a desaparición do proxecto, pois non é unha aposta empresarial, senón un proxecto de país.

Así que, unha vez máis, o proxecto de A Nosa Terra ficará conxelado.
Sabemos que algún día -agardamos que antes ca despois- renacerá coa mesma ilusión e con máis forza. Coa forza dunha nación que necesita unha voz propia.

Preservar o proxecto foi a nosa maior preocupación nos últimos tempos.

As outras foron que os traballos realizados, no campo xornalístico e no editorial (máis de mil douscentos libros editados, ducias de exposicións e proxectos realizados), sigan tendo a presenza que se merecen conforme á súa vixencia e utilidade social. Apostamos porque o publicado no semanario e no xornal sigan estando na rede e os libros nas librarías.

Xa que logo, só queda dar as grazas aos máis de dez mil subscritores, aos case mil accionistas, aos máis de cincocentos colaboradores, aos integrantes dos distintos consellos de administración, a ducias de traballadores e a todos os que, dun xeito ou doutro (de moitos xeitos e maneiras, moitas as máis das veces anonimamente), fixeron posíbel esta xeira de A Nosa Terra, que comezara en 1977 e que ninguén agardaba fose tan longa e frutífera.

A todos, moitas grazas e até sempre."

(adaptación)
- 8 cuantificadores definidos unitarios (noutra terminoloxía: numerais cardinais) --> - - - - - - -


- 1 cuantificador definido colectivo -->


- 3 cuantificadores absolutos --> - -


- 3 cuantificadores indefinidos --> - -


- 4 identificadores --> - - -